Un espectro percorre o Twitter, ou polo menos un pequeno andazo. O ‘efecto Sabela’ obrou a súa maxia e este Nadal puidemos ver como varias persoas bastante novas facían público na rede social o seu própósito para o ano novo: pasar a falar total ou parcialmente en galego. A comunidade do Galitwitter acolleunos con entusiasmo e anímaos a seguir a pesar dos comentarios algo desalentadores que reciben no mundo real.
Sería casualidade, pero a cousa empezou con algúns chíos soltos de xente verbalizando o seu desexo:
Pouco a pouco estas persoas viron que non estaban soas no seu obxectivo:
A algunhas tríscalles a idea pero non se acaban de animar:
E é moi comprensible. Non é un camiño doado, sobre todo se es un chisco despistada:
E máis cando tes que aturar algúns comentarios:
Este chío de @Alba_Rguez fíxose moi popular (máis de mil favs) e tivo moita xente animándoa. Porque claro, o medo aos comentarios de quen te rodea é o que máis bota para atrás.
Mais para isto tamén está Twitter. Para atopar apoio e consello mutuo:
Os neofalantes máis experimentados enviaron azos contando tamén a súa experiencia. Como dicía aquela campaña norteamericana para adolescentes LGTBI: It get’s better (A cousa vai a mellor):
Mesmo hai galegofalantes habituais que, non tendo este problema, buscan xa novos desafíos. A influencia do Twitter levou a algún a pensar en comezar a escribir na norma internacional:
Sexa cal sexa a norma na que decidamos escribir, cada vez hai contas no Twitter que animan e axudan a xente que quere escribir e falar mellor en galego. Sen ir máis lonxe, @emgalego, que é o consultorio lingüístico da AGAL e que fai un gran labor dinamizador explicando nun ton ameno e didáctico as múltiples solucións que ofrece o noso rico léxico e a nosa morfoloxía. Mesmo para os usos máis lúdicos ou psicoactivos (atención as respostas):
Rematamos cun chío de finais do pasado verán que debería estar enmarcado no escritorio de calquera neofalante que teña dúbidas sobre como colocar os pronomes. Ou gravado no plástico do bolígrafo cando teñades exame do Celga. O autor foi @Cascarelo:
Asi que xa sabedes, se queredes dar o paso pero aínda vos custa falar galego IRL, en Twitter tedes unha comunidade disposta a darvos a benvida, axudarvos e animarvos a seguir. Por algo se empeza.