En3vistas. Conversas en Pontevedra con referentes para "presumir de lingua"
Esta semana comeza en Pontevedra o ciclo En3vistas: cinco conversas en distintos espazos da cidade entre persoas do ámbito da música, a cociña, o audiovisual, o teatro, o xornalismo ou o deporte, a quen se quere presentar como "referentes lingüísticos dunha xeración". VINTE colabora nunha das patas deste proxecto.