Vinte falando

En que fala a xente nova na Galicia dos anos vinte? Nesta minipeza documental preguntámoslles a distintas persoas do universo VINTE pola súa relación coa lingua e pola súa perspectiva en canto á situación do galego. Participan: Lucía Estévez, Nuno Pico, Sabela Arán, Lois Brea, Carolina Iglesias, as Brigantias, Cuchillo de Fuego, Flow do Toxo, Melania Freire, Wage Kori, Andrea Villa, Vella Escola, Edu Fernández e Belén G. Ojea.

Créditos

VINTE

Tamén che interesa

  • Deporte, festivais, redes… estamos a tempo de recuperar o galego entre a mocidade?

    A finais dos anos dez a mocidade en Galicia manifesta pouco uso social do galego, tal como demostran estudos recentes. Unha tendencia á baixa que contrasta cun aumento das competencias na lingua e con certo aumento no prestixio e na conciencia da necesidade de protexer o galego, aínda que pouco compromiso á hora de decidir usalo. Ante esta situación a Xunta acaba de presentar no Parlamento un plan de dinamización da lingua galega na mocidade. Debullamos cal é a situación de partida e as liñas de actuación que quere acometer este plan.

    Lingua
  • Neofalantes en Twitter: "O meu propósito deste ano é falar galego"

    Un espectro percorre o Twitter, ou polo menos un pequeno andazo. O ‘efecto Sabela’ obrou a súa maxia e este Nadal puidemos ver como varias persoas bastante novas facían público na rede social o seu própósito para o ano novo: pasar a falar total ou parcialmente en galego. A comunidade do galitwitter acolleunos con entusiasmo e animounos a seguir a pesar dos comentarios algo desalentadores que reciben no mundo real

    Lingua

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.