Tanxugueiras dan un novo salto cara á música urbana con 'Midas'
Maquillaxes douradas, drons sobre montes de eucaliptos, bágoas sobre un almacén de fábrica, drama nunha bañeira, baile entre cortinas, e o rostro e corpo de Xisco Feijoo como protagonista deste novo vídeo das Tanxugueiras, que avanzan un chanzo, e ben grande, no seu camiño cara á integración da música tradicional na urbana sen perder un chisco de espíritu das coplas orixinais. Ou mellor, dándolles máis sentido se cabe, adaptándoas aos dramas contemporáneos. No tema colaboran como produtores Fer Peleteiro (Verto) e Iago Pico. Xisco Feijoo, bailador e cantador que tamén avanzou esta semana o seu próximo traballo en solitario con outro impactante vídeo, '"Peixe'" será todo un descubrimento para quen non seguise a súa traxectoria con O Fiadeiro, Budiño ou Sondeseu ou como xurado do 'Vaidebaile' de Luar na TVG.
Créditos
Videoclip dirixido por Trece Amarillo e producido por PlayPlan e Tanxugueiras.