NA LINGUA, podcast 1: O misterio dos fillos de Lúa
Sergio Pascual conduce este percorrido sonoro por 'O misterio dos fillos de Lúa', de Fina Casalderrey: unha das grandes obras da Literatura Infantil e Xuvenil galega (LIX). Alén dos premios, Premio Nacional de Literatura Infantil e Premio Barco de Vapor, este libro marcou un fito na mocidade da época. En poucas palabras: un clásico. Comeza... NALINGUA, lecturas dun neofalante!
Créditos
NALINGUA é unha produción de Laboratorio de Radio para VINTE. Co apoio da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
Músicas empregadas baixo licenza CC BY:
Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual.
Nalingua orixinal, de David Brea.
Deseño gráfico: Isa Vila