Música

Miudiño Sessions: Filloas

A Regueifa Plataforma 2.0 presenta a segunda entrega das Miudiño Sessions, eses microconcertos de bandas e solistas galegxs filmados en localización singulares. Nesta ocasión o protagonista é o vigués Iago Galego, que baixo o alcume de FILLOAS editou antes do verán un sorprendente disco de debut. Nunha distópica paraxe postindustrial da Galiza profunda o de Coruxo interpreta tres temas do seu álbum ("Mediocre", "Galicia" e "A vida") con voz, guitarra, sintetizadores e bases electrónicas coma ingredientes do seu –tan difícil de etiquetar– pop/trap/urban/punk que xa ten enganchada a tanta xente. Un perfecto adianto do que se poderá ver nos seus inminentes concertos do 17 de setembro en Vigo e o 21 en Compostela.

Créditos

Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.