A Regueifa 2.0 presenta as Miudiño Sessions
Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares. Poñendo o foco tanto no visual –toda a serie estará filmada en 4K– coma no musical –procurando unha calidade de son semellante á gravación en estudio– o proxecto estrease co barcalés HOLGADO, interpretando ao pé do cruceiro de Gonte na súa Negreira natal tres temas de "O fillo de Suso", o seu novo album. Acompañado ao saxo e ao caixón por Daniel e Diego Vieito, Holgado debulla con nostalxia as lembranzas desa infancia rural que se extingue irremediablemente, interpretando "A piscina", "Herba seca nas brañas" e "Notas do funeral de Ricardo Vieito"
Créditos
Holgado: Guitarra e voz
Daniel Vieito: Saxo
Diego Vieito: Caixón
Imaxe e Son: A Regueifa 2.0