Café Derby 21. Lucía Estévez, traballo e o fracaso do Mestre Mateo

Hai xa unha semana ou máis que se vén falando de de tumbar a antiga (e presente) reforma laboral para mellorar as condicións vitais, así en xeral.

 

Non, non nos poñernos profundas nin imos afondar en datos e informes, nin tan sequera falamos diso neste programa. Pero simultaneamente, o Festival Internacional de Cine de Xixón anunciou que estreará na súa sección oficial a curta O niño dos paxaros, obra que reflexiona sobre a vida laboral e o propio acto de traballar, entre outras cousas. Para reflexionar sobre isto contamos hoxe coa súa directora e gañadora dun premio Mestre Mateo, Lucía Estévez, que vén contar e opinar sobre todo o que supón o emprego para a súa ficción pero tamén na súa propia vida. De paso nós tamén parolamos sobre as nosas experiencias. Horarios, vacacións, traballos non (ou sobre) cualificados, corpos destrozados, saúde mental. Todo ata a xubilación.

Todo isto conflúe nesta conversa onde tamén hai oco a falar sobre As Defensas, a primera longametraxe da directora, e O neno sardiña, unha curta máxica sobre o sentimento de pertencer.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Tamén che interesa

  • A danza filmada. Un video-ensaio de Lucía Estévez

    Estreamos este videoensaio de Lucía Estévez (Vigo, 1994), que acompañamos destas palabras da autora:«Primeiro bailar. Despois o cine. Estou cansa de intelectualizar absolutamente todo. Querería ter a autodisciplina que ten unha bailarina pero me conformo con observar dende a cámara e aprender. Despois de investigar e estudar tamén grazas a este videoensaio, A danza filmada, chego á conclusión de que non quero falar de danza sen falar do bailarín. Pensar na danza en Galicia é pensar en todas as persoas que de maneira individual, directa ou indirectamente, teñen que ver con ela. É unha mágoa non coidar a tradición e a evolución da mesma para así resaltar a importancia que ten a danza aquí a nivel social.»

  • Trailer de 'Xan', a webserie de Lucía Estévez e Miguel Canalejo

    «Xan non é un millenial calquera. Ten un superpoder. Conta coa capacidade de non dicir nada. Non foi picado por unha araña radioactiva silenciosa. A súa realidade, simplemente, deixouno sen palabras.» Estreamos en exclusiva o trailer de 'Xan' logo da súa premiere no pasado Carballo Interplay, onde gañou o premio a proxecto de webserie en galego na edición anterior do festival. Poderedes ver os tres primeiros capítulos da serie en Youtube a partir do 18 de decembro.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.