Violentos Anos Vinte. Novo pop galego
Quedou ben claro que nos gusta transitar as ambigüidades. É momento de abrir o gran caixón de xastre dos xéneros (e iso que hai moitos!): o pop. Por iso, invitamos a tres persoas que pouco teñen que ver entre elas —musicalmente falando—, pero que se gardan baixo este paraugas no que todo cabe: Mariagrep, Elba e Maiko Leinad. Con elas preguntámonos que dinámicas observan dentro da escena galega, se hai pop no underground e como se presenta a misoxinia e a cisheteronormatividade. Esta vez sen colaboradores na mesa.
Créditos
Un podcast sobre música galega de xente inqueda (que non violenta!) e conversa pacífica presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela, coa colaboración de Nuno Pico e Berto Mira