Novas Camadas: 'El Columpio'
Desde unha perspectiva antropolóxica e colectiva, a curta busca pescudar nas diferentes significacións e interpretacións da nostalxia, tratando aspectos coma a migración e formulando cuestións tan primarias coma se a nostalxia, daquela, é boa ou é daniña?
O detalle: Debut, como directora e montadora, da pontevedresa Silvia Martín, interesada fundamentalmente na creación de pezas de carácter ensaístico.
Mención especial de Novas Camadas 2026
Dispoñible ata o 26 de maio ás 12.00 horas
Créditos
Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Silvia Martín Blanco
Banda sonora: Mariña Paz
Intérpretes: Uxía Suárez, Raúl de Celis