Miudiño Sessions: Tomás Porteiro
Vixésima entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a vivir, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa lingua.
Nesta ocasión as cámaras da Regueifa Plataforma adentráronse nas faldras do Monte Pedroso para filmar as músicas de Tomás Porteiro. O compostelán, alma máter de Sinestesia e guitarrista de Néboa, obsequiounos con tres temas inéditos do seu proxecto en solitario ("Deixalo ir", "Non vou coller" e "Victoria Abril"), ademáis dunha autoversión de Sinestesia ("Nunca máis") e unha adaptación de "Segunda división" dos seus admirados Ataque Escampe. Unhas pezas que se poderán desfrutar ao vivo este domingo, 12 de novembro, no auditorio de Cambados en formato trío.
Créditos
Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 presenta as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares.