Miudiño Sessions: Secho

A Regueifa Plataforma 2.0 estrea o sexto episodio das súas Miudiño Sessions da man de Secho, desta volta dende o hórreo da Miguensa nas Terras de Iria. Ao acubillo do arco de medio punto dun hórreo que é único en todo o país, o de Dodro debulla tres pezas de "Recuperar", o seu máis recente traballo, na compaña dunha sorte de all-stars da escena galega: Tomás Porteiro (Néboa) á guitarra eléctrica , Lois G. Carlín (Ataque Escampe) ao baixo  e Dani Riveiro á batería.

Créditos

Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares. 

En sesións anteriores

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Grampoder

    Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions, desta volta protagonizada por ese dúo autodenominado como de "hardcore comeflores" que responde ao nome de GRAMPODER. Nunha localización digna do Cuéntame máis casposo e kitsch despelican con brutal tenrura catro pezas do seu más recente traballo, PM, disco que precisamente vén de saír en formato vinilo este días. Catro puñadas no estómago de honesto pop guitarreiro que albiscan o que poderemos desfrutar ao vivo este mesmo sábado, 24 de setembro, no Festival Psicotroita de Sigüeiro.

  • Miudiño Sessions

    Muidiño Sessions: O' Leo de Matamá

    Coincidindo cos seus adorados fastos da hispanidá estreamos a sesión de O'LEO DE MATAMÁ. Esta nova entrega das Miudiño Sessions realizouse nunha antiga fábrica que foi o escenario perfecto para invocar os espiritos de Woody Guthrie, Pete Seeger, Suso Vaamonde e mesmo Robert Johnson. A poesia, o folk e o blues do Leo ecoaron con paixón nesas vellas paredes que son Historia viva con catro cancións novas e inéditas. 

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Chicharrón

    Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions da man d'A Regueifa Plataforma 2.0, desta volta con Chicharrón na compaña de Rosalía Fernández Rial nunha localización que resultou ser ben especial, a galería de arte de Manolo Eirín en Carballo.

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Filloas

    A Regueifa Plataforma 2.0 presenta a segunda entrega das Miudiño Sessions, eses microconcertos de bandas e solistas galegxs filmados en localización singulares. Nesta ocasión o protagonista é o vigués Iago Galego, que baixo o alcume de FILLOAS editou antes do verán un sorprendente disco de debut.

    Música
  • Miudiño Sessions

    A Regueifa 2.0 presenta as Miudiño Sessions

    Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares. O proxecto estrease co barcalés HOLGADO, interpretando ao pé do cruceiro de Gonte na súa Negreira natal tres temas de "O fillo de Suso", o seu novo album. 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.