Muidiño Sessions: O' Leo de Matamá
Coincidindo cos seus adorados fastos da hispanidá estreamos a sesión de O'LEO DE MATAMÁ. Esta nova entrega das Miudiño Sessions realizouse nunha antiga fábrica que foi o escenario perfecto para invocar os espiritos de Woody Guthrie, Pete Seeger, Suso Vaamonde e mesmo Robert Johnson. A poesia, o folk e o blues do Leo ecoaron con paixón nesas vellas paredes que son Historia viva con catro cancións novas e inéditas. Unha interpretación dende as entrañas nas que o noso Billy Bragg patrio puxo música e adaptou versos de Afonso X, O Sabio ("Non me posso pagar tanto"), Celso Emilio Ferreiro ("Setembro, 1972 II"), Manuel Curros Enríquez ("A Rosalía") e Heriberto Bens AKA Méndez Ferrín ("Hespaña").
Créditos
Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares.