AI Song Contest. Así soan as dez cancións clasificadas para a gran final da Coruña

Dez propostas competirán na Gran Final da AI Song Contest 2023, que se celebrará na Coruña o sábado 4 de novembro: Países Baixos, España, Alemaña, Suecia, India, Canadá, Galicia, Estados Unidos, Portugal e Reino Unido). Foron 35 as candidaturas preseleccionadas entre temas de máis de 20 países. Diferentes estilos, sonoridades e formas de co-creación entre artistas e algoritmos representan nesta edición os diversos e creativos camiños da IA. 

Nesta edición da Eurovisión das cancións compostas con intelixencia artificial Galicia está representada coa canción "Florespiña", unha homenaxe a Ana Kiro do equipo de PAMP! 

A votación do público está activa oficialmente desde o 15 ata o 30 de outubro a través da páxina web oficial do festival (aisongcontest.com), onde tamén se pode coñecer o programa do día 4 de novembro polo miúdo e mercar as entradas para asistir en persoa

Créditos

AI Song Contest é un concurso internacional que amosa o potencial creativo da música xerada por intelixencia artificial. Está organizado por Stichting AISC desde a súa creación en 2020.  Nesta edición de 2023 o programa retransmitirase para todo o mundo desde A Coruña, con público asistente no recinto.

Tamén che interesa

  • AI Song Contest. Así soa 'Florespiña', a canción coa que Ana Kiro representará a Galicia

    O misterio foi desvelado. Este venres deuse a coñecer a canción Florespiña, coa que Ana Kiro representará a Galicia na final do IA Son Contest -o Eurovisión Mundial da Intelixencia Artificial- que se celebrará na Coruña o 4 de novembro. 

    A Intelixencia artificial recupera a voz da cantante, falecida hai 13 anos, para crear este tema dan man da empresa compostelá CECUBO Group baixo o nome de PAMP!  

  • AI Song Contest. O voto popular será decisivo na Eurovisión da Intelixencia Artificial máis galega

    Entusiastas da intelixencia artificial (IA), innovadores culturais, mentes curiosas e amantes da música por igual de todo o mundo poderán participar por primeira vez cos seus votos no AI Song Contest 2023. A Gran Final celebrarase na Coruña o sábado, 4 de novembro, mais o prazo para emitir os votos estará aberto do 15 ao 30 de outubro. A opinión do público será decisiva, xa que suporá o 50% da puntuación para elixir a canción gañadora.

    Música
  • AI Song Contest 2023. A Coruña será a capital mundial da música feita con IA

    O ano pasado Galicia estivo ás portas de coroarse como gañadora da Eurovisión da intelixencia artificial. O equipo PAMP!, que presentou a canción AI Lalelo, quedou segundo logo de recibir os votos do xurado aínda que levou a máxima puntuación na votación popular. Pero sementaron algo aínda máis importante: a posibilidade de ser anfitrións do concurso deste ano. E isto xa é unha relidade: a final do AI Song Contest 2023 vaise celebrar na Coruña o 4 de novembro. 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.