A serie dixital que dirixe Sonia Méndez para Playz chegará ás nosas pantallas o vindeiro 7 de marzo, ofrecéndonos a fuxida cara adiante de dúas mulleres que buscan vivir libres e con intensidade. E vaia se o farán en canto prendan o motor do coche.
Playz, a plataforma de RTVE cib contidos dixitais para xente nova, acaba de estrear o tráiler de Antes de perder e de anunciar a súa data de estrea, o vindeiro 7 de marzo. Daquela poderemos ver os 7 capítulos desta road-movie creada por Cósmica Producións e que protagonizan dúas coñecidas actrices españolas: Esther Acebo (A Casa de Papel, Baraka) e Mariam Hernández (Cuestión de Sexo, Amar es para Siempre). Acompáñaas un elenco galego do melloriño, con Xúlio Abonjo, Manuel Manquiña, David Amor, Xose Touriñán, Marcos Pereiro, Xose Barato, Alberto Rolán, Federico Pérez, Patricia Vázquez e a nosa querida Carolina Iglesias. Sen contar a aparición estelar das mulleres da canle Teño unha Horta en San Sadurniño.
Este é o tráiler:
Queda, pois, menos dun mes para poder acompañar a Jana e Diana nesta tola viaxe polas estradas galegas para fuxir dunha vida previsible. Xa nos tarda embarcarnos con elas na aventura.