'Currante'. Rap desde Lugo para reivindicar o traballo migrante

Imaxe do videoclip 'Currante', gravado en Lugo. © Omni Viktor

Víctor Franco, de nome artístico Omni Viktor, veu da República Dominicana hai 6 anos para vivir e traballar en Lugo. Acaba de estrear canle de Youtube cun videoclip e un tema propio, ‘Currante’, no que denuncia a xenofobia e o desprezo ao traballo dos migrantes. 


 

Yo vine a trabajar vine a luchar el pan de cada dia lo voy a josiar,

Si yo puedo tu puedes bregue en lo que se bregue.


Claro que quiero trabajar que quiero echar pa adelante,

no ser un paisano mas que vive su vida errante.

pero como tu comprenderas soy un inmigrante y es humillante,

que a la hora de entregar un curriculum te vean la cara como si tu fuera un mangante.


Así comeza “Currante”, o tema rap co que Omni Viktor denuncia o trato que se lle dá a moitos dos seus compatriotas que viñeron a Galicia a traballar e tentar prosperar. Lugo acolle unha das maiores comunidades dominicanas de Galicia e é nesta cidade onde Viktor gravou o seu videoclip, onde aparece el traballando na limpeza de portais ou negocios, canda outros veciños que traballan en locutorios, barberías ou tendas de alimentación caribeñas que podemos atopar no barrio da Milagrosa. 

 

Nesta produción Omni Viktor quere representar “unha parte distinta da comunidade dominicana, e tamén unha parte da clase traballadora, da xente nova, que somos loitadores e que intentamos facer as cousas ben”. Así o explica neste vídeo promocional gravado no estudo lugués 8 estudios, mentres remataba de postproducir o tema. 

Igual lo intentamos la papa caliente al cliente sacamos,

y si nos pagan en negro pero nosotros con Iva compramos,

La leche y el pan al muchacho la ropa se compra en la pulga del chacho,

traje fonsiño y mi sacho al facha que subestima mi trabajo lo tacho.


Ademais de na súa canle de Youtube, podemos seguir a Omni Viktor na súa conta de Instagram, onde ás veces nos ofrece un freestyle coma este:

Tamén che interesa

  • Mbeuss Show. O youtuber que quere facer preguntas incómodas

    Samba Sebor ten 35 anos, leva 16 vivindo na Coruña e é youtuber. Na súa canle, con 2.400 suscritores, publica vídeos en castelán e en wolof, a lingua do seu país de orixe. Con eles diríxese á comunidade de senegaleses que viven na Agra do Orzán ou noutros barrios de Europa, pero cada vez máis quere orientar o seu contido “á xente occidental” para enfrontala aos seus propios prexuízos racistas e derrubar estereotipos sobre as persoas migrantes. 

    Pantallas
  • 8 nomes da música urbana en Galicia que veremos no ‘Sanfroidance’

    Tamén é, desde hai uns anos, escaparate da mellor música urbana, negra e electrónica grazas ao Sanfroidance, que este ano por primeira vez compuxo todo o cartel con artistas galegos. Pero hai tantos galegos facendo música deste tipo como para encher un festival? Hainos, e teñen moitos seguidores aínda que o mainstream adoite ignoralos. 

    Festivais

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.