De estrelas do fútbol ou do Youtube con millóns de seguidores a xente máis ou menos coñecida que vai tirando cuns poucos milleiros. Rastreamos o Instagram de arriba a abaixo para obter esta lista cos 150 galegos máis influíntes desta rede social. A lista é imperfecta e seguro que faltan nomes, pero co visto chegamos a esta conclusión: a fama é para quen a traballa, polo menos nos tempos do like.
Entre os dez primeiros temos na cúspide un de Curtis: Lucas Vázquez, futbolista do Real Madrid. E a continuación unha mestura entre clásicos coñecidos desde hai tempo por facer televisión tamén na capital de España (Mario Casas, Cristina Castaño, Martiño Rivas ou Jesús Vázquez) e creadores de contido famosos só na rede como Wismichu, Patty Dragona, Alexandra Pereira ou Xurxo Carreño. Ollo ao ascenso imparable do actor Pedro Alonso, non por facer durante anos do Padre Casares na TVG senón por ser un dos protagonistas de La casa de papel, a serie española que arrasa en todo o mundo grazas á plataforma Netflix. De feito Alonso acaba de ser portada na revista GQ de Turquía, que o proclamou un dos homes GQ do ano. Case 3 millóns de persoas seguen agora o actor vigués en Instagram.
A partir do 11, na franxa das seis cifras, atopamos xa o trío de galegos que estiveron na primeira edición de Operación Triunfo, e de novo youtubers, actores, deportistas e outros influencers a nivel internacional. Temos que baixar de 80 mil seguidores para atopar os que poden ter influencia só a nivel galego, como Touriñán e Roberto Vilar, que malia as súas incursións na televisión estatal teñen o seu groso de seguidores no país. A partir de aí outras referencias televisivas como os cómicos Eva Iglesias e David Perdomo (Land Rober), chefs como Pepe Solla, músicos como Xoel López ou Sés, atletas como Ana Peleteiro ou ídolos locais do Dépor e do Celta como Pedro Mosquera ou Brais Méndez. Destacan os irmáns Vallejo, pilotos de ralis, e tamén persoas influíntes no mundo da moda como o deseñador David Méndez Alonso ou a estilista Lucía Yáñez.
A maioría dos personaxes coñecidos no ámbito galego están dos dez mil para abaixo, con excepcións como Lucía Regueiro, María Mera, Susana Seivane, Carlos Blanco ou Morris, estes dous cada vez máis populares fóra pola súa presenza en Fariña. Algo por debaixo anda Luis Zahera, á alza coa súa candidatura aos Goya. E despunta nesta franxa Abel Caballero, o político galego en activo (é dicir, sen contar a Mariano Rajoy) con máis seguidores nas redes.
Con esta excepción é especialmente preocupante a pouca influencia dos políticos en Instagram. Alberto Núñez Feijoo só ten 3.300 seguidores, un chisco máis que Antón Gómez-Reino de En Marea, un dos políticos galegos máis activos no Instagram (3.000 seguidores) e que a voceira do BNG, Ana Pontón (2.900), moi por riba todos eles do portavoz de En Marea, Luis Villares (1.400). Supera ao presidente da Xunta por pouco o seu ex conselleiro e alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, con 3.700. Aínda así, todos os políticos teñen cifras moi baixas de seguidores e moi pouca actividade nesta rede, a pesar de estarmos en ano electoral.
Que para que serve esta lista? Pois para lerchear, que non é pouco, e para establecer comparativas malvadas (que cada quen faga as súas). Pero tamén para nos facer unha idea no valor do star system galego nun dos mercados de celebridade á alza, cada vez máis relevante a moitos niveis: ter moitos seguidores implica un potencial de influencia que moitas marcas perseguen, e que para a xeración millennial é ben máis importante que saír nos medios, aínda que unha cousa alimente a outra.
Se hai xornais que fan anualmente unha lista de "los 125 galegos más influyentes”, estes ben poderían ser “os 125 galegos máis influencers”, cun criterio máis obxectivo, que para algo estamos nos tempos do big data (neste caso máis ben small data). Só que nós ampliámola a 150 para que entrasen uns cantos políticos máis e algún outro persoeiro: é no fondo da lista onde debera a xente espilirse e desputar a batalla polos gústame a nivel local.
E logo tamén ten usos prácticos: se buscas unha famosa/o que dea o pregón nas festas da túa vila, ou que poida facer stories promocionando o teu produto ou evento, mira na parte da táboa que máis se axuste ao caché que poidas pagar.
As 150 persoas galegas con máis seguidores:
- Lucas Vázquez, futbolista: 7,3 millóns.
- Mario Casas, actor: 4 millóns.
- Wismichu, youtuber: 3,1 millóns.
- Pedro Alonso, actor: 2,8 millóns.
- Alexandra Pereira, fashion blogger: 1,7 millóns.
- Gala González, fashion blogger: 1 millón.
- Patty Dragona, youtuber: 1 millón.
- Xurxo Carreño, humorista e youtuber: 1 millón.
- Cristina Castaño, actriz: 817 mil.
- Martiño Rivas, actor: 812 mil.
- Jesús Vázquez, presentador: 732 mil.
- Miriam Rodríguez, concursante de OT 2017: 660 mil.
- Defreds, escritor: 633 mil.
- Roi Méndez, concursante de OT2017: 607 mil.
- Cepeda, concursante de OT 2017: 606 mil.
- Rebeca Stones, actriz, escritora e youtuber: 597 mil.
- Javier Rey, actor: 419 mil.
- María Castro, actriz: 417 mil.
- Silvia García (Bartabac), fashion-blogger: 382 mil.
- Lucas Pérez, xogador do Deportivo: 303 mil.
- Javier Gómez Noya, triatleta: 276 mil.
- Carlota Corredera, presentadora de Sálvame: 267 mil.
- Sabela Ramil, concursante de OT2018: 265 mil.
- Michael Chenlo, creador de contido en internet: 255 mil.
- Marta Sánchez, cantante: 241 mil.
- Brays Efe, cómico: 215 mil.
- Iago Aspas, xogador do Celta: 189 mil.
- Arce, músico de hiphop: 186 mil.
- HardGZ, músico de hiphop: 164 mil.
- Julio Iglesias, cantante: 135 mil.
- Carolina Iglesias, cómica e youtuber: 100 mil.
- Alba Galocha, modelo e actriz: 90 mil.
- X. A. Touriñán, cómico: 82,4 mil.
- Javier Gutiérrez, actor: 81,3 mil.
- Paula Vázquez, presentadora: 80,8 mil.
- Andrés Suárez, músico: 79,4 mil.
- Mariano Rajoy, ex presidente do Goberno de España: 78,7 mil.
- David Amor, cómico: 73,1 mil.
- Roberto Vilar, cómico: 71,3 mil.
- Iván Ferreiro, músico: 71,1 mil.
- Iván Raña, triatleta: 53,3 mil.
- Vero Boquete, futbolista: 50 mil.
- Carlota Núñez, youtuber: 49,5 mil.
- Eva Iglesias, cómica: 46,3 mil.
- Paula Gallego, actriz: 44,8 mil.
- Pedro Mosquera, xogador do Deportivo: 40 mil.
- Alejandra Silva, publicista. 37,1 mil.
- Fredi Leis, músico: 33,9 mil.
- Sheyla Fariña, actriz: 33,8 mil.
- Julia Otero, xornalista: 33,7 mil.
- Pepe Solla, cociñeiro: 31,3 mil.
- Sergio Vallejo, piloto de ralis: 29,7 mil.
- Ana Peleteiro, atleta: 27,6 mil.
- Brais Méndez, xogador do Celta: 25,9 mil.
- Xoel López, músico: 25 mil.
- David Perdomo, cómico: 23,3 mil.
- Lucía Yáñez, estilista de moda: 22,5 mil.
- David Méndez Alonso, deseñador de moda: 20,1 mil.
- Nerea Barros, actriz: 19,2 mil.
- Tamar Novas, actor: 17,1 mil.
- Carlos Blanco, actor: 17,1 mil.
- Christian Escuredo, actor: 16,9 mil.
- Deborah García Bello, divulgadora científica: 16,9 mil.
- Óscar Pereiro, ex ciclista: 16,5 mil.
- Sés, música: 15,7 mil.
- Rober Bodegas, cómico: 15,3 mil.
- Javier Veiga, actor: 15,3 mil.
- Martín Barreiro, home do tempo en TVE: 15,2 mil.
- Diego Vallejo, copiloto de ralis: 14,5 mil.
- Morris, actor: 14,3 mil.
- Lucía Regueiro, actriz e presentadora: 13,7 mil.
- Nacho Nugo, actor: 13 mil.
- María Mera, actriz e presentadora: 12,5 mil.
- Silvia Jato, presentadora: 12,3 mil.
- Borja Valle, xogador do Deportivo: 11,9 mil.
- Lucía Rodríguez, presentadora: 11,5 mil
- Luis Zahera, actor: 10,3 mil.
- El Hematocrítico, escritor e humorista da rede: 10k.
- Cora Novoa, DJ: 9,6 mil.
- Fátima Pego, cantante e presentadora: 9,4 mil.
- Cristina Saavedra, xornalista: 8,9 mil.
- Susana Seivane, música: 8,1 mil.
- Abel Caballero, alcalde de Vigo: 8,1 mil.
- Sabela Arán, actriz: 7,6 mil.
- Marcos Pereiro, actor: 7 mil.
- Miguel Canalejo, actor: 6,9 mil.
- Tania Veiras, cantante e presentadora: 6,7mil.
- Carlos Pereiro (Carlangas), vocalista de Novedades Carminha: 6,5 mil.
- Fran Velo, guionista e baixista dos Heredeiros da Crus: 5,7 mil.
- Xúlio Abonjo, actor: 5,6 mil.
- Lucía Pérez, cantante: 5,5 mil.
- Tania Fuegho, cantante: 5,2 mil.
- Ledicia Sola, actriz: 5,1 mil.
- Cristina Pato, música: 5,1 mil.
- Monti Castiñeiras, actor: 5 mil.
- Xabier Díaz, músico: 4,7 mil.
- Guadi Galego, música: 4,7 mil.
- María Solar, escritora e presentadora: 4,5 mil.
- Ana Pérez, xornalista: 4,4 mil.
- Lois Patiño, cineasta: 4,1 mil.
- Beatriz Serén, actriz: 4 mil.
- Adrián Castiñeiras, actor: 4 mil.
- Marta Doviro, actriz e presentadora: 4 mil.
- Jesús Vázquez Abad, alcalde de Ourense: 3,7 mil.
- Pedro Brandariz, cómico: 3,6 mil.
- Carlos Núñez, músico: 3,6 mil.
- Jorge Guitián, divulgador gastronómico: 3,6 mil.
- Francisco Castro, escritor: 3,2 mil.
- Fernando Tato, actor: 3,3 mil.
- Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta: 3,3 mil.
- Dani de la Torre, director de cine: 3,2 mil.
- Susana Sampedro, actriz: 3,2 mil.
- Aida Blanco, actriz e cantante: 3,2 mil.
- Pablo Novoa, músico: 3,1 mil.
- Antón Gómez-Reino, deputado de En Marea no Congreso.
- Cristina Iglesias, actriz: 3 mil.
- Estíbaliz Veiga, actriz: 3 mil.
- Rocío Barrio, actriz: 3 mil.
- Ana Pontón, voceira nacional do BNG: 2,9 mil.
- Melania Cruz, actriz: 2,8 mil.
- Iván Marcos, actor: 2,8 mil.
- Tito Asorey, actor: 2,8 mil.
- Carmen Méndez, actriz: 2,8 mil.
- Rodrigo Vázquez, presentador: 2,7 mil.
- Rubén Riós, actor: 2,6 mil.
- Marta Rivera de la Cruz, escritora e deputada de C’s no Congreso: 2,4 mil.
- Ángela Rodríguez, deputada de En Marea no Congreso: 2,4 mil.
- Martiño Noriega, alcalde de Santiago: 2,4 mil.
- Pepa Prieto Puy, ilustradora: 2,4 mil.
- Pepe Capelán, presentador: 2,4 mil.
- Ledicia Costas, escritora: 2,3 mil.
- Federico Pérez, actor: 2,3 mil.
- Jorge Coira, director de cine: 2,3 mil.
- Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña: 2,2 mil.
- Oswaldo Digón, cómico: 2,2 mil.
- Yolanda Díaz, deputada no Congreso por En Marea: 2 mil.
- Davide Salvado, músico: 2 mil.
- Carmen Conde, cómica: 1,8 mil.
- Pepo Suevos, cómico: 1,8 mil.
- Xosé Manuel Piñeiro, presentador: 1,8 mil.
- Xosé Manuel Budiño, músico: 1,8 mil.
- Yolanda Castaño, escritora: 1,8 mil.
- Xoel Fernández: 1,8 mil.
- Manuel Gago, xornalista: 1,6 mil.
- Sonia Méndez, actriz e directora: 1,6 mil.
- Rosalía Castro, actriz: 1,5 mil.
- Melania Freire, deseñadora de moda: 1,5 mil.
- Ana Miranda, eurodeputada: 1,5 mil.
- Lucía Aldao, poeta: 1,4 mil.
- Luis Villares, voceiro de En Marea: 1,4 mil.