«A mellor afección de España», «un apego de xeración en xeración», «comuñón total entre o club e o pobo», «sentimento de orgullo» da veciñanza de Cangas por ter un equipo na máxima categoría do balonmán español. Estas frases poden resumir e mesmo explicar a loucura polo balonmán que se vive en Cangas e que relatamos nesta reportaxe.
Nos últimos días o equipo loita por manterse, un ano máis, na Liga Asobal, e este sábado O Gatañal vivirá unha nova final para garantir a súa temporada número 12 na competición profesional.
Seleccionamos nesta galería 20 imaxes da fotógrafa Rosa González que amosan unha afección e un equipo acostumado a sufrir e que nunca se rende.