En coche propio, compartido ou prestado. No Castromil ou no Freire. No FEVE ou no Alvia. De camiñada polo monte ou polo paseo marítimo. Mesmo nun voo low-cost deses que xa non deberamos coller se queremos conservar o planeta. Se viaxas este verán nós queremos ir contigo e para iso fixemos unha escolma de música galega especialmente apta para desprazamentos. Vale tamén para viaxes interiores. Velaquí. 🎶🚗👇