VINTE almorzando con Verto

Desta volta convidamos a almorzar con Deleite a Fer e a Berto, do dúo compostelán Verto, que están a conquistar os auriculares da xente moza coa súa música desprexuizada e "consumible", como din eles, que leva o pop en galego a novos públicos dentro e fóra de Galicia. Co seu novo disco 'Embora', inspirado na música dos 80, acadaron os 60 mil oíntes mensuais en plataformas como Spotify e demostran que o galego non é un obstáculo para triunfar cando o produto é de calidade, e mesmo lles dá valor a proxectos coma o deles.

Créditos

Agradecementos: Hotel Costa Vella (Santiago de Compostela), Tremendo Audiovisual

Co patrocinio de

Tamén che interesa

  • Vinte almorzando con Blanco Palamera

    Estreamos colaboración con Deleite: unha serie de reportaxes en vídeo nas que entrevistaremos a talentos emerxentes do noso país mentres almorzamos con eles no seu contorno habitual. E empezamos con Blanco Palamera, un dúo compostelán de pouco máis de vinte anos que están a ser unha das grandes revelacións do ano co seu pop electrónico con toques de música negra (jazz, soul, rnb, bossanova).

  • VINTE almorzando con Ledicia Costas

    A escritora Ledicia Costas recíbenos na súa casa do barrio de Navia, en Vigo, para convidarnos a almorzar e conversar sobre o éxito de 'Infamia' e de toda a súa obra de literatura infantil e xuvenil. Tamén sobre as súas rutinas de traballo, o futuro do galego ou a súa afección polo 'Animal Crossing'.

  • Vinte almorzando con Óliver Laxe

    Almorzamos na cociña de leña da casa de Óliver Laxe. O cineasta recibiunos na súa aldea dos Ancares, onde naceu a película e onde se rodou a maior parte dela. Alí prepara un novo proxecto pero non cinematográfico: vai crear un centro pedagóxico e terapéutico que tamén será unha granxa e un espazo cultural, rehabilitando varias casas do lugar, incluída a de seus avós.  Co patrocinio de Deleite.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.