"Verán sen fin", a nova canción de The Homens

Regresan The Homens cun novo tema perfecto para este verán e preséntano con este videoclip realizado por Roi Fernández (Sr. Pause). 'Verán sen fin', en palabras do seu vocalista, Martin Wu, "é unha canción de amor sen moito disimulo" que vai "de facerse forte coas persoas que queres e que tes arredor, unha vez te deches de conta de que as cousas veñen mal dadas seguido, e ten pinta de que así vai seguir". 

Pasaron xa 11 anos desde o seu último disco e agora volven gravar novos temas, "quizais máis próximos á nosa primeira época, pola formación (volven ser 3) e porque temos gana de guitarras porcas, melodías boas e cancións rápidas". Poderemos velos en directo o vindeiro 7 de agosto no festival Felicia Pop en Limodre (Fene).

Créditos

DA CANCIÓN:

'Verán sen fin'

Gravada e mesturada por Tomás Ageitos en A Ponte. Antimasterizada polo dr. Chou.

DO VÍDEO:

Realizado por Roi Fernández (Sr. Pause)

Outros videoclips que estreamos en VINTE

  • "Fórmula". Presentamos en primicia o novo videoclip de Peña

    Nos tempos da alta definición, o individual e as presas, Peña publican este vídeo repousado, colectivo e gravado cos seus teléfonos e os de moita xente achegada. Peña é un proxecto conformado por Toño Magariños (diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate). Estes tres músicos do sur de Galicia experimentan coas tradicións do pop, o folk e a música electrónica para perfilar un proxecto que xira en torno ao amor en todas as súas formas. O seu primeiro EP contén 3 cancións e distribúe nunha edición limitada en casete. Poderedes escoitalo nas redes a partir do 17 de xullo.

    Música
  • Así é 'Ninja', o primeiro videoclip de Malraio

    "O temor ao que nos enfrontamos é unha ficción. As noticias din que non estamos asegurados. Que non hai blindaxe que suavice o de estar acompañados". Así empeza Ninja, o primeiro single extraído do LP Demo, no que Malraio presenta oito cancións en galego que camiñan entre o pop pantanoso e post hardcore. Trátase do primeiro LP desta banda formada por catro músicos coñecidos da escena compostelá. Conquistáronnos xa co seu EP Prótese (Estudios A Ponte, 2017), e sobre todo co seu potente directo.

    Música
  • todos.xuntos.unidos.sempre, o novo tema de Oh! Ayatollah para Cinegalicia 2019

    Estreamos en primicia este novo single que a banda Oh! Ayatollah creou para o proxecto Cinegalicia 2019: unha relectura das películas Sempre Xonxa, Urxa e Continental no seu 30 aniversario, na que a revista A Cuarta Parede convidou a participar a diversos artistas nacidos despois do 1989. 'todos.xuntos.unidos.sempre' é unha homenaxe á película de Chano Piñeiro.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.