Así é 'Ninja', o primeiro videoclip de Malraio

"O temor ao que nos enfrontamos é unha ficción. As noticias din que non estamos asegurados. Que non hai blindaxe que suavice o de estar acompañados". Así empeza Ninja, o primeiro single extraído do LP Demo, no que Malraio presenta oito cancións en galego que camiñan entre o pop pantanoso e post hardcore. Trátase do primeiro LP desta banda formada por catro músicos coñecidos da escena compostelá. Conquistáronnos xa co seu EP Prótese (Estudios A Ponte, 2017), e sobre todo co seu potente directo. Hai uns meses estivemos almorzando con Malraio e con Deleite mentres a banda ensaiaba os temas do disco nos Estudos Potemkin de Compostela. 

Créditos

Malraio

O noso almorzo con Malraio

  • Vinte almorzando con Malraio

    A banda compostelá Malraio convidounos a almorzar con Deleite no polígono do Tambre, na nave na que ensaian os temas do seu primeiro disco, que sairá proximamente. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.