"Verán sen fin", a nova canción de The Homens

Regresan The Homens cun novo tema perfecto para este verán e preséntano con este videoclip realizado por Roi Fernández (Sr. Pause). 'Verán sen fin', en palabras do seu vocalista, Martin Wu, "é unha canción de amor sen moito disimulo" que vai "de facerse forte coas persoas que queres e que tes arredor, unha vez te deches de conta de que as cousas veñen mal dadas seguido, e ten pinta de que así vai seguir". 

Pasaron xa 11 anos desde o seu último disco e agora volven gravar novos temas, "quizais máis próximos á nosa primeira época, pola formación (volven ser 3) e porque temos gana de guitarras porcas, melodías boas e cancións rápidas". Poderemos velos en directo o vindeiro 7 de agosto no festival Felicia Pop en Limodre (Fene).

Créditos

DA CANCIÓN:

'Verán sen fin'

Gravada e mesturada por Tomás Ageitos en A Ponte. Antimasterizada polo dr. Chou.

DO VÍDEO:

Realizado por Roi Fernández (Sr. Pause)

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.