todos.xuntos.unidos.sempre, o novo tema de Oh! Ayatollah para Cinegalicia 2019

Estreamos en primicia este novo single que a banda Oh! Ayatollah creou para o proxecto Cinegalicia 2019: unha relectura das películas 'Sempre Xonxa', 'Urxa' e 'Continental' no seu 30 aniversario, na que a revista A Cuarta Parede convidou a participar a diversos artistas nacidos despois do 1989. 'todos.xuntos.unidos.sempre' é unha homenaxe á película de Chano Piñeiro, e a un mundo rural que os membros da banda aínda lembran da súa infancia e que, malia estar desaparecendo, evócalles nostalxia pero tamén un sentimento de comunidade e optimismo. ""Xa non queda tempo, é a fin do mundo, que nos pille agora aquí cantando todos xuntos". Aquí o lyric vídeo para que cantemos.

Créditos

Simón Cuba - Oh! Ayatollah

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.