Podcast. FAN FAN: Arredor de Ana Kiro

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas. Neste primeiro episodio para Vinte, Cibrán aborda a Ana Kiro e o seu impacto na xente galega, falando con fans que a seguiron no seu momento e persoas que se achegaron a ela máis recentemente. E poñendo temazos, claro. Unha oportunidade para aprender (ou repasar o aprendido) sobre esta figura clave da nosa cultura popular no momento en que se cumpren dez anos do seu pasamento.

Créditos

Neste episodio de FAN FAN interveñen Anxo Lamas, Emilio Pato, Marta Pérez Pereiro, Alejandro Bonmatí e María Villamarín. A imaxe é unha versión adaptada dunha fotografía achegada por Anxo Lamas.

E como complemento ao podcast

  • Fan, fan. Creatividade e recordos de fans de Ana Kiro

    No proceso de investigar sobre Ana Kiro e o seu fandom para o episodio do podcast FAN FAN (que xa podedes escoitar aquí en VINTE) atopei e descubrín unha chea de cousas. Por unha banda, hai un rastro de contidos na rede que deixan sentir a súa influencia a día de hoxe. Pola outra, algúns dos fans cos que falei tiveron a amabilidade de compartir materiais e lembranzas da súa relación con Ana. Cóntovos.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.