NALINGUA #7: Infamia

A néboa, a friaxe, a chuvia. En 'Infamia', de Ledicia Costas (Xerais, 2019), a meteoroloxía ten un papel clave. 'Infamia' repta entre a dor dos segredos agochados, a tristura do silencio e a brétema da inmensa pena que respira o lugar onde todo sucede: Merlo. Sentimentos que non se ven, pero que si se sinten. Mergúllate con nós en 'Infamia'. 

Créditos

Unha produción de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Agradecementos a Ledicia Costas por ler en alto os poemas do poeta canario Félix Francisco Casanova.

Músicas empregadas:
Rap Nalingua, por BreaMc
Forro, por Caamaño & Ameixeiras
Kai Engel, por Salue, Mercy, Maree, Aveu e Cendres.
Kosta T, por пальцы в яд.

Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

Mira a reportaxe que acompaña este podcast

  • NALINGUA

    O tempo que somos

    Como inflúe o tempo (climático) no ánimo da poboación e que implicacións ten nisto o cambio climático? Sergio Pascual consulta a expertos e reflexiona sobre climatoloxía e psicoloxía a partir da lectura de ‘Infamia’, de Ledicia Costas. Esta reportaxe complementa o episodio #7 do podcast NALINGUA dedicado a esta novela. 

    NALINGUA

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.