Miudiño Sessions: Grampoder
Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions, desta volta protagonizada por ese dúo autodenominado como de "hardcore comeflores" que responde ao nome de GRAMPODER. Nunha localización digna do Cuéntame máis casposo e kitsch despelican con brutal tenrura catro pezas do seu más recente traballo, PM, disco que precisamente vén de saír en formato vinilo este días. Catro puñadas no estómago de honesto pop guitarreiro que albiscan o que poderemos desfrutar ao vivo este mesmo sábado, 24 de setembro, no Festival Psicotroita de Sigüeiro.
Créditos
Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares.