Podcast

FAN FAN: Soños

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas. Neste segundo episodio para VINTE, Cibrán aborda a relación coas iconas pop a través dos soños, con xente que os relata e cancións inspiradas por eles. Como é lóxico, hai fantasía, romance, situacións absurdas, amizades bonitas e algo de incomodidade.

Créditos

Neste episodio de FAN FAN interveñen Rubén Domínguez, Pepa Prieto Puy, Olalla Esquimal, Andrea Villa, Héctor González, Teresa Ferreiro, Angelo Mastartoni e Leonor Murias.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.