Café Derby 21. Tamara Pazos, neurociencia e criar células como fillas

Vivimos toda a vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, esa máquina perfecta que segue sendo un misterio. Esta semana a divulgadora científica Tamara Pazos (coñecida como Putament_) achegános algún dato curioso sobre o órgano máis importante do corpo e reflexionamos sobre hábitos que mellorarían a nosa saúde, pero imposibles de realizar.

 

Tamén parolamos sobre a saúde mental pero non desde a óptica habitual, senón analizando se se está indo polo camiño adecuado e non estaremos nunha fase de sobreinformación, mensaxes baleiras e tendencia á patoloxía ou tratamento. Tamén afondamos na cuestión do doutoramento e como é o proceso, así como o sistema educativo actual e a súa puntuación.

 

Pechamos o programa falando das oposicións de emprego público, o dano mental que pode acontecer e por que son algo tan desexado.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

En Cafés anteriores

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.