Café Derby 21. Balea Vermella, ciencia e negacionistas dos mares

Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén inflúe no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: negacionismo.

 

Nas últimas semanas houbo incluso quen negou que os mares e océanos sexan reais. Son, según eles, bloques para manter á xente separada. Desta tontería falamos cos divulgadores científicos de Balea Vermella, dúo composto por Raíña Vermella e Javi Balea.

 

Con eles parolamos dos seus inicios e como se cruzaron, da pandemia da saúde mental, de achegar a ciencia máis básica á poboación ou desmontar bulos.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Tamén che interesa

  • Café Derby 21. Alfonso Zarauza, Malencolía e os premios decapitados

    Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros. Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque escachou. Era, polo tanto, pesado e fráxil. Zarauza estrea esta semana Malencolía, o seu novo filme tras o éxito de Ons.

  • Café Derby 21. Chechu Salgado, ser quinqui e risas maléficas

    Todas as persoas cando son pequenas xogan ao mesmo, norma arriba e norma abaixo. A pillar, ás agochadas, á comba… e a polis e cacos. Alí establecemos xa esas categorías de bo e malo, de orde e desorde. Contrastes absolutos, sen facer preguntas. Despois medramos, vemos a variedade de grises e atopamos que eses malvados das películas quizais tiñan un pouco de razón. Para falar de antiheroes, de quinquis, contamos esta semana co actor Chechu Salgado, gañador do Goya ao mellor actor revelación por Las leyes de la frontera.

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.