Bailar para espantar o mal con O Rabelo e Eva Outeiro

Cheira a gasolina na ruada. 

Está pedindo o corpo um bom serám. 

Hoje vai ser noite de foliada, move o cu para espantar o mal. 

Eu só quero bailar, agarrado ou ribeirana. 

Este som sabe melhor que o pam. 

Rumba para toda a rapaziada, que já sabes que polo pam baila o cam.

 

O Rabelo e Eva Outeiro colaboran nesta "Rumba do Pam", producida por Petrowski e da que agora presentan videoclip. Unha foliada entre amigxs cun parque eólico de fondo, moi acaído para estes tempos. Unha vez máis, a música tradicional e un cantar popular serven de inspiración para xs artistas novxs. As coplas tradicionais acompañadas das rimas d’O Rabelo, que volve contar con Eva Outeiro neste tema.

Créditos

"Rumba do Pam" é unha canción do disco Suor, d’O Rabelo

 

Voces: Eva Outeiro, O Rabelo 

Letras: coplas tradicionais, rap do Rabelo 

Producióm: Petrowski 

Gravación, mestura e masterización: D3 

Vídeo: 053 prod 

Direccióom de vestiario e maquillaxe: Merchan 

Dirección de travestismo: Meiga-i e Merchan 

Ilustración da portada: Paula Dacal

 

Reparto:

Aymar Note 

Chichi Guau 

Eva Outeiro 

High Paw 

Kirén 

Lion 

Luka Apolo

Meiga-i 

Merchan 

Nuria? 

O Rabelo 

Sarah 

Ura

Tamén che interesa

  • "Galicia". Filloas repasa no seu novo videoclip os tópicos galegueiros a golpe de gaitas e de trap

    O vigués Filloas estrea videoclip para "Galicia", un dos temas mais reivindicativos do seu recente disco de debut. En clave trapeira e con moita retranca e non menos carraxe pon diante do espello a ese pseudogaleguismo selectivo que abraza sen reparos todo canto tópico galaico hai, excluindo específicamente elementos esenciais para a supervivencia da propia galeguidade coma a lingua ou o dereito a existir. 

  • Catuxa Salom presenta desde A Pontenova o seu primeiro videoclip, "Nunha aldea"

    Catuxa Salom, artista nacida en Vilagarcía con raíces arxentinas, foi das que coa pandemia deixou Madrid para vir vivir ao rural, neste caso a unha aldea de dez veciños no concello lugués da Pontenova. E desde alí nos ofrece este primeiro videoclip, "Nunha aldea", no que leva ao máximo expoñente a súa fusión folktrónica con ritmos tribais latinoamericanos, e todo un manifesto na letra: «Prefiro plantar uns allos que traballar pa calquera».

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.