Catuxa Salom presenta desde A Pontenova o seu primeiro videoclip, "Nunha aldea"
Catuxa Salom, artista nacida en Vilagarcía con raíces arxentinas, foi das que coa pandemia deixou Madrid para vir vivir ao rural, neste caso a unha aldea de dez veciños no concello lugués da Pontenova. E desde alí nos ofrece este primeiro videoclip, "Nunha aldea", no que leva ao máximo expoñente a súa fusión folktrónica con ritmos tribais latinoamericanos, e todo un manifesto na letra: «Prefiro plantar uns allos que traballar pa calquera».
Créditos
Da canción. Letra e música: Catuxa Salom. Produción musical: Marcos Bayón
Do videoclip: Terral Studio. Directora creativa: Ela de Estela