The Rapants lanza “Viaxei”. Do rock á cumbia e unha bóla de discoteca

The Rapants vén de publicar "Viaxei",o segundo e último avance do seu novo disco, Rapants Club. Un retrouso pegadizo e unha produción elaborada, para un tema en que os rapantes achéganse desde o rock aos ritmos latinos.

Desde a banda de Muros explican que nesta ocasión, "os sintetizadores e os riffs desafiantes danse cita nun tema que dá boa conta da variedade estilística, guitarras frenéticas e retrousos memorables que conformarán o álbum”, que se presentará ao vivo o 28 de marzo no Multiusos do Sar.

O sinxelo acompáñase dun videoclip que dá continuidade ao universo das ‘Rapants Clubs’ anunciadas en Non Sei Como. Personaxes de anteriores videoclips (Rue Franklin) regresan como protagonistas centrais dun vídeo coroado por unha gran bóla de discoteca e que se rodou o pasado mes de decembro no Instituto Galego da Información (IGI).

Créditos

Gravado entre febreiro e decembro de 2025 en La Mina (Granada) por Raúl Pérez e Boavista (Madrid) por Anxo Ferrreira e Miguel León.

Producido por Anxo Ferreira, The Rapants, Raúl Pérez e Miguel León.

Mesturado por Miguel León.

Asistentes de mestura Maximiliam Monroy e Max Verclas.

Masterizado por Javier Roldón en Vacuum Mastering.

Editan The Rapants & OffStage.

EQUIPO TÉCNICO

Director Juan Barbazán

Director Whyso

Director Manu Seo

1AD Jose Ocaña

Produtor Paulo Mouriño

Coordinadora de Produción Conchita Alonso

Auxiliar de Produción Danna del Campo

Auxiliar de Produción Daniel Caamaño

Runner Zaira Rivas

DOP Arián Quinteiro

DOP Álvaro Gómez

1AC Nico Pampín

Auxiliar de Cámara Tristán de Cabo

Gaffer Juan Pirola

Tamén che interesa

  • Vinte almorzando con The Rapants

    Sempre divertidos, The Rapants aseguran ser xa como un matrimonio, dos bos, claro. Coñécense desde cativos e non deixan de pasalo ben no escenario, aínda que cada vez o nivel de traballo e profesionalización sexan maiores. 

    Estivemos coa banda de Muros no Festival Revenidas, en Vilaxoán, almorzando, falando e rindo con Matías, Xanma, Samuel e Xaquín, que están a gravar o seu novo disco. “Dámoslle grazas á xente do tradi por non facernos bullyng ”, chancean.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O bo rollo, con The Rapants

    Para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao bo rollo e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants, que presentan o seu próximo disco 'La máquina del buen rollo'. 

    Xunto a eles repasamos algúns dos seus temazos, como o seu novo single "Blaster w4u", e afondamos na importancia de estar en equilibrio, surfear os problemas, rematar cos egos e ser abertos para afrontar os desencontros pola convivencia. O bo rollo infíltrase e acabamos como no post concerto de The Rapants, amigos falando con amigos sobre a vida.

    Podcast

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.