"Por que non nos volvemos bicar?". O primeiro videoclip da Banda Aldaolado

Lucía Aldao e María Lado presentan o videoclip da canción "Por que non nos volvemos bicar?", un adiando do que será o segundo disco da Banda Aldaolado, Forestal, despois de presentar Casa! en 2021. 

Ademais, o tradicional bolo de Nadal de Aldaolado na sala Mardigras da Coruña é este mércores 4 de xaneiro, con apertura de portas ás 21.15 horas. Como di Lucía Aldao no seu Instagram: «Vinde vernos, que levamos doce meses acumulando as ganas deste bolo que agardamos que sexa imprudente e informal e todas esas cousas ás que lles perdoamos o mal que nos fan polo ben que nos/vos saben».

Créditos

Na Banda Aldaolado participan Lucía Aldao, María Lado, Macarena Montesinos, Violeta Mosquera e Mig Seoane

O tema "Por que non nos volvemos bicar?" forma parte do disco Forestal

 

Videoclip realizado por Nacho Morán, da firma 100toVolando

Grazas a TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022

Máis Vinte

  • ‘Casa!’ O lugar seguro de Aldaolado

    Tantos anos xirando por Galicia e polo estranxeiro, tantos ‘bolos’ nos que conviven a poesía, o humor e a música, e Aldaolado, o dúo formado polas poetas Lucía Aldao e María Lado, aínda non tiña ningún álbum gravado. Agora presentan ‘Casa!’, o seu primeiro traballo discográfico, un EP con media ducia de cancións que o público dos seus concertos máis recentes xa tivo ocasión de escoitar. Imos debullalas coa axuda das súas creadoras. 

    Música
  • PAVA 2. Lucía Aldao e o amor das amigas

    «Un canto á amizade e á necesidade doutras olladas –as das amigas– que, desde o amor, axudan a cuestionarnos as nosas crenzas e a revisar os nosos discursos, que falta fai». Todo isto é PAVA 2, o segundo EP en solitario de Lucía Aldao.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.