O verán non marchou, está nesta canción de Mariagrep

Vaia frío ou calor, Mariagrep lévanos de volta a un verán eterno. O imaxinario estético do teen pop de Mariagrep queda retratado neste videoclip de Arancha Brandón rodado nunha tarde de verán en Portugal. "La playa" é a última canción que coñecemos do EP Detox, que a artista compostelá vén de editar con Raso Estudio, despois do seu álbum debut Si un día, publicado en 2021. 

Créditos

"La playa" forma parte do EP Detox (Raso Estudio)

Produción musical, mezcla e máster: Carreño

Dirección: Arancha Brandón

Axudante de cámara: Noemí Parga 

Estilista: Sara Vázquez

Deseño gráfico: Alberto Brandón

Agradecementos: Heladería Mari Lab

Tamén che interesa

  • Mariagrep. Soños de pop multicolor

    'Si un día' é o primeiro disco de Mariagrep, nova fichaxe de Raso Estudio, a mesma casa de Baiuca e Blanco Palamera. A artista compostelá con base en Madrid debuta mesturando electropop onírico, trap, reggaetón con letras «medio tristes e medio dramáticas», como vén correspondendo á súa xeración. 

     

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.