Novas Camadas: 'Galicia non arde'

"Cando xa non hai sitio para a dor que pode provocar un bidón de gasolina e un chisqueiro sobre a terra que un habita, nas caras dos culpables concéntrase toda a ira", di Rothardt dunha curta sobre os incendios, Galicia e a culpabilidade.

Martín Rothardt Veiga dirixe esta curta seleccionada na sección de Novas Camadas do Festival de Cans 2026.

Podes ver a peza, en exclusiva, en VINTE, ata o 2 de xuño ás 16.00 h. 
 

 

Créditos

Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Martín Rothardt Veiga

Reparto: Mateo Quindós Adrán

Coa colaboración de

Tamén che interesa

  • Volven as curtas das Novas Camadas ao Festival de Cans e a VINTE

    Este mércores, 20 de maio, ás 19.00 horas o Baixo de Carlos acollerá a proxección das once curtas de novas e novos autores seleccionadas nesta XXIII edición do Festival de Cans, as Novas Camadas. E como cada ano en VINTE ofrecemos a posibilidade de ver todos estes traballos de mozas e mozos menores de 25 anos en exclusiva. A partir do luns 25 estrearemos cada día unha obra ás 12:00 h. (de luns a venres), que estará dispoñible durante 24 horas para a súa libre visualización. As proxeccións en VINTE acabarán o luns, 8 de xuño, coa curta gañadora desta edición. Velaquí un resumo de cada traballo.

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Xisela Franco presenta as Novas Camadas Deleite 2021 do Festival de Cans

    A cineasta e docente Xisela Franco, membro xunto con Jaime Pena e Guillermo García López do xurado do Premio Novas Camadas Deleite do Festival de Cans, comenta as 8 curtametraxes seleccionadas nesta sección que imos poder ver durante os vindeiros días en VINTE. Aquí tedes a axenda de publicación. Cada curta verase só durante 24 horas, desde as 10 da mañá ata as 9:59 do día seguinte. 

    Cinema

    Co patrocinio de

  • Vinte almorzando en Cans con Tamar Novas

    Tamar Novas exerce de galego en Madrid desde hai anos, rodeado de amigos cos que mantén a lingua, o amor pola nosa cultura e a necesidade de xuntarse cada pouco diante dunha boa comida. O actor compostelán recibiu o Chimpín de Prata este ano no Festival de Cans e aproveitamos a ocasión para almorzar con el e con Deleite, recordando os almorzos contundentes que lle facía a súa avoa en Melide.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.