Miudiño Sessions: Måi
Décima entrega das MIUDIÑO SESSIONS, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola música e a lingua pero que tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver –por número e por calidade– de propostas musicais na nosa lingua.
Desta volta a sesión ven protagonizada por Måi, o proxecto de fusión entre o pop, a música tradicional e a electrónica liderado por Iseo Agilda. Con Tomás Ageitos na produción e acompañada por Margarida Mariño ao cello, Icía Sanmartín á pandeireta, Victor Álvarez aos sintetizadores e Migui Carballido á percusión electrónica esfolaron catro temas de Nigredo, o seu disco de debut. Unha obra de clara vocación contemporaneizadora da nosa música que enfía coa nova onda de reinvención do tradi dende o pop e a electrónica que se vén desenvolvendo nos últimos anos con artistas coma Fillas de Cassandra, Mondra, Baiuca, Carabela. Catuxa Salom, CRNDS ou as propias Tanxugueiras.
Créditos
Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 presenta as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares.