“Fachas e figos” Cibrán Tenreiro imaxina que as cousas saen ben
“Levo moito tempo pensando nos fachas, falando con fachas, estudando os fachas. Levo moito tempo sen pasar pola casa, soñando con fachas, soñando con fachas. Soño que os bico e soño que me matan. Sexo con fachas, apertas con fachas. De tantas experiencias saquei unha cousa clara: penso que os fachas van deixar de ser fachas”
Nesta semana electoral, Cibrán Tenreiro vén de facer pública a súa achega musical con “Fachas e Figos”. Unha canción optimista, pese a todo, na que defende ideas como que os fachas non o serán para sempre, que a igualdade é inevitable, pase o que pase, e que debemos permitirnos ser ilusos e ilusas e ter a capacidade de imaxinar que as cousas saen ben”.
A nós, encántanos, pero tampouco somos fachas, claro.
Créditos
Na canción “Fachas e figos” hai ideas, inspiracións, préstamos e roubos de Laurie Anderson, Pantis, Ataque Escampe, Phil Ochs, John Lennon e Yoko Ono, Wilco, Working Week, Pretenders, Patti Smith, Grande Amore e The Velvet Underground.
Acompañaron o proceso Meri, Anxo e Lucía.
O vestiario é de Camila (Notorious Big Data).
O vídeo ten imaxes de Santiago en 2018, cando había moitas bandeiras de España colgadas polo tema do procés, e tamén de meu tío Manolo Figueira tocando o acordeón en Vilalba en 2014 e dun vídeo de highlights de Luis Figo da LFP.