Exército Mekemeke. Whaaaaatsapp

O verdadeiro abismo dixital: WhatsApp! Falamos dos grupos de clase, dos audios eternos, dos stickers de profes e das mensaxes enviadas por erro. Descubre connosco a fauna dos grupos, os códigos non escritos do dobre check azul e por que silenciar notificacións é o novo mindfulness. 

Inclúe dramatizacións reais e traumas dixitais. Dálle ao play, ri un pouco e comparte este audio de 41:48 minutos que nunca deberías ter escoitado. 

Créditos

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! 

Un programa presentado por Carlos Vieito moi ben acompañado por Lidia Veiga e Miguel Abad.

Exército Mekemeke foi recoñecida como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025.

Unha produción de Sapo Vermello.

Tamén che interesa

  • Exército Mekemeke. Consumo, modas e cultura pop

    Din que vivimos nun tempo de consumo consciente… mais seguimos enchendo o carriño de Amazon ás 2 da mañá. Neste episodio os mekemekes exploran as contradicións da vida millennial: minimalismo de postureo, compras absurdas que non usamos, a crise existencial dos 30, e frases "espirituais" que non significan nada, pero soan moi ben en stories.

    Se tamén tes unha alfombra de ioga sen estrear, este episodio é para ti.

    Exército Mekemeke
  • Exército Mekemeke. Cousas absurdas que fixemos por amor

    Os mekemekes mergúllanse no lado máis ridículo e entrañable do amor e os celos. Comparten as súas anécdotas incriblemente absurdas que demostran que, cando o corazón manda, a cabeza queda de vacacións. 

    Entre historias vergoñentas, xogos disparatados e falsas reflexións profundas, prepárate para rir a esgalla e recoñecer que, no fondo, todas e todos fixemos un pouco o parvo por amor algunha vez. 

    Exército Mekemeke

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.