Estrea exclusiva: Os ukeleles saúdan o verán con aires do Brasil en "Vamos Lá!"
VINTE estrea en exclusiva o novo single da Ukestra do Medio, “Vamos Lá!”, un tema de benvida ao verán con influencias brasileiras que mira cara a Portugal.
Para conseguir a sonoridade deste novo single a Ukestra do Medio empregou distintos tipos de ukeleles (uke barítono, uke tenor, uke de concerto e uke baixo), ademais de instrumentos como o oviño shaker, o vibraslap e unha creativa Nescuica: unha cuíca (instrumento de percusión brasileiro) feita cun bote de Nesquick.
“Vamos Lá!” o segundo adianto do seu próximo disco, que aínda está en pleno proceso creativo, e que a banda de ukeleles de Compostela ten previsto gravar a finais de ano.
A Ukestra do Medio estará o 10 de agosto nas festas de San Lourenzo de Cereixa (Pobra do Brollón) e o 23 de agosto no Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños).
Créditos
Áudio gravado por Jacobo Iglesias nos Estúdios Potemkin
Vídeo rodado por Arkadia Universe
Música e letra: Ukestra do Medio
Dirección: Luís Taboada
Dirección fotográfica e montaxe: Alberto da Silva Castro