"Promesas". Alba Domínguez dirixe o novo videoclip da Ukestra do Médio

"Promesas" é a canción que pecha Histórias cativas, o último disco da Ukestra do Médio, publicado o pasado verán. Hoxe estréase como videoclip nun traballo asinado por Alba Domínguez gravado en 16 mm.  Histórias cativas é o seu terceiro disco e con el afianzan a aposta polos temas propios como "Promesas", unha canción que fala das expectativas frustradas e da falsa idea (capitalista) de que podemos conseguir todo o que nos propoñamos se temos suficiente vontade. Unha letra amarga e realista que contrasta co son vitalista da Ukestra do Médio.

Créditos

MÚSICA E LETRA: Ukestra do Médio

DIRECCIÓN: Alba Domínguez

DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Marta Bouzas

DIRECCIÓN FOTOGRÁFICA: Aarón Vilariño

ACTOR: Antón Segade

ASISTENCIA DE CÁMARA: Miguel Gomar

VESTIARIO: Marta Bouzas

EDICIÓN: Alba Domínguez

ETALONAXE: Aarón Vilariño

LABORATORIO: Cinelabs Bucharest

Tamén che interesa

  • A Ukestra do Medio presenta o videoclip de 'Enchoupado de amor'

    A Ukestra do Medio lanza o terceiro tema do disco Outras Lérias en formato audiovisual cun videoclip no que confían outra vez no director Aarón Vilariño. "Enchoupado de Amor" é unha música de onda surf intimista que fala «de umha relaçom sincopada e de decisons viscerais e precipitadas. Como todas as histórias de amor, é capaz de estar baseada em feitos reais». O vídeo foi gravado no Concello de Valdoviño e maioritariamente no lugar e na surfeira praia de Pantín. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.