Adianto: O gran reto de Nelu

Nelu Vilela ten 26 anos e é de Narón, criouse en castelán e emprega o galego no seu contexto laboral como cantante e actor, Nelu Vermouth é o seu nome artístico. É o terceiro participante na serie de Alingua O gran reto, na que asume o desafío de completar a súa vida en galego e falalo en calquera momento.

Nesta primeira semana vemos como comeza empregar o galego coas amizades e coa familia. En VINTE estreamos este primeiro episodio de O gran reto de Nelu, que poderedes seguir vendo desde as canles de Alingua.

Créditos

O gran reto é unha webserie promovida pola Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, Alingua, conducida por María Rúa e editada por Illa Bufarda.

Tamén che interesa

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.