Adianto de 'As liñas descontinuas': un encontro pode cambiarche a vida?
VINTE adianta en exclusiva unha escena da segunda longametraxe de Anxos Fazáns, As liñas descontinuas, que chega ás salas de cinema o 20 de febreiro tras estrearse na sección oficial da 29ª edición do Tallinn Black Nights Festival de Estonia e pasar polo Festival Internacional de Cinema de Xixón, o Rizoma de Madrid e o Novos Cinemas de Pontevedra, onde se proxectou por primeira vez en Galicia. O filme é finalista en once candidaturas nos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
Créditos
Dirección · Anxos Fazáns
Guion · Anxos Fazáns e Ian de la Rosa
Elenco · Mara Sánchez, Adam Prieto, Alberto Rolán, Ana Fórneas, Lidia Veiga, Mónica García
Produtoras executivas · Silvia Fuentes, Nuria Landete
Directora de fotografía · Sandra Roca
Montaxe · Diana Toucedo, Laura Piñeiro
Son directo · Xavier Souto
Deseño de son e mesturas · David Machado
Música orixinal · Xavier Bértolo
'As liñas descontinuas' é unha produción de Sétima e Elamedia, coa distribución de Sideral