#Euen10anos. Rapazada de Londres cóntanos en galego como imaxina o seu futuro
A área de galego do Instituto Español Cañada Blanch de Portobello realiza unha actividade artística na que os alumnos e alumnas imaxinan como serán dentro de 10 anos. Galego en Londres, que é o nome que utilizan nas redes, volve desenvolver outro proxecto admirable.