Unha ducia de produtos artesáns que se poden mercar esta fin de semana en Agolada
Este venres comeza en Agolada Corazón de artesanía. VIII Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Será durante toda a fin de semana enteira no conxunto histórico dos Pendellos, onde se facían tradicionalmente as feiras. A maior cita do sector da artesanía en Galicia reúne 66 profesionais que exporán as súas creacións e 47 empresas de alimentación artesá. Ademais haberá obradoiros, demostracións e concertos (velaquí o programa). Se aínda así non vas poder chegarte ata Agolada, fixemos unha selección de algún dos produtos alí presentes que se poden mercar desde a casa.
Este venres comeza en Agolada Corazón de artesanía. VIII Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Será durante toda a fin de semana enteira no conxunto histórico dos Pendellos, onde se facían tradicionalmente as feiras. A maior cita do sector da artesanía en Galicia reúne 66 profesionais que exporán as súas creacións e 47 empresas de alimentación artesá. Ademais haberá obradoiros, demostracións e concertos (velaquí o programa). Se aínda así non vas poder chegarte ata Agolada, fixemos unha selección de algún dos produtos alí presentes que se poden mercar desde a casa.
01Prebes variados
Pódese mercar un rustrido? E unha vinagreta? Pois claro, e ademais de moita calidade. Esencia Atlántica é unha empresa de Muxía que comercializa prebes sen conservantes nin colorantes e cociñados lentamente. E teñen unha web moi chula onde os venden.
02Caviar de ourizo
O caviar de ourizo son as ovas de ourizo recollidas a man e envasadas ao natural. Conservas Gándara de Vigo ofréceas nun envase de 50 gramos e xa propoñen como degustalas: nunha torrada de pan e cun bo albariño.
03Zapatos feitos á man
Non é preciso vivir en Milán ou ter varios millóns de euros na conta para poder gozar do pracer de ter uns zapatos feitos á medida. Laia Zapateiros fainos á man en Melide, de xeito artesán, e aínda que non son baratos (ten moito traballo cada zapato) son un perfecto agasallo especial para alguén especial.
04Un morteiro de deseño
Lorenzo Design son unha cooperativa de Santiago de Compostela que deseña e fabrica obxectos destinados á alta gastronomía e ao fogar. Este morteiro, por exemplo, está feito con madeira de faia e de cereixo, e ten un deseño ben coidado. Pódelo mercar aquí.
05Un sacho de prata
Se o vira a xente de antes non o crería, pero os sachos e as gadañas, ademais de apeiros de labranza, agora son broches de prata. E quedan ben bonitos. Desde Teo Ferraxe de prata tenos á venda na rede e son un perfecto agasallo rural-chic.
06Unha boina galega 'fashion'
Unha boina non ten porque parecer algo antigo e rancio, dándolle algúns toques pode ser algo ben moderno. Iso é o que fai Boina galega, unha marca de Santiago de Compostela que reelabora o propio concepto de boina típica para darlle un pouso de modernidade. Véndenas aquí.
07Un bolso de coiro exclusivo
En Vigo a marca colRaxe realiza bolsos, mochilas e carteiras en coiro de altísima calidade e en edicións moi pequenas e limitadas. Este bolso vermello así o é.
08Un torque
Os artesáns xoieiros de A Feitura, na Coruña, fan este torque en prata de lei para usar como pulseira (tamén o teñen para o pescozo). Unha maneira de conectar co noso pasado a través da xoiería. Na súa web tes este e outros modelos á venda.
09Uns pendentes feitos de cunchas
O obradoiro Montse Betanzos do Grove elabora pendentes así de bonitos a partir das cunchas do mar. Fan tamén aneis, colares, pulseiras e outras cousas, pero a nós encantáronnos estes xa só polo seu nome, "Sálvora".
10Un bote de mel con noces
Se a un bote de mel ecolóxico da montaña e sen filtrar lle engadimos noces, a que saberá iso? Pois delicioso, tal e como contan desde Sovoral, a empresa de Allariz. Teñen máis tipos a vender na súa web e incluso, cando é tempada, tamén teñen polen.
11Unha hostia de café
Xacobleas fai hostias de varios sabores e formatos que están destinadas ao consumo directo ou para utilizar en receitas que eles mesmos che amosan na súa web, onde tamén podes mercalas.
12Un camión de madeira
Artesanía Silvent propón desde Caldas de Reis unha serie de xoguetes feitos en madeira para os máis pequenos. Os xoguetes están realizados por un matrimonio e probados polo seu propio fillo. No caso deste camión, ademais, ofrece a posibilidade de engancharlle varios tipos de remolques e ata unha cisterna.