
Unha ducia de produtos artesáns que se poden mercar esta fin de semana en Agolada
Este venres comeza en Agolada Corazón de artesanía. VIII Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Será durante toda a fin de semana enteira no conxunto histórico dos Pendellos, onde se facían tradicionalmente as feiras. A maior cita do sector da artesanía en Galicia reúne 66 profesionais que exporán as súas creacións e 47 empresas de alimentación artesá. Ademais haberá obradoiros, demostracións e concertos (velaquí o programa). Se aínda así non vas poder chegarte ata Agolada, fixemos unha selección de algún dos produtos alí presentes que se poden mercar desde a casa.