Cabanas rurais, unha maneira ecolóxica e sostible de facer unha escapada de verán
É tempo de verán e é tempo de vacacións. Hai xente que ten dous meses libres (e a algún aínda non lle chega), hai xente que ten un mes, outros só quince días, e hai tamén, por desgraza, quen non ten vacacións. Con todo, e como mínimo, algunha escapadiña de fin de semana sempre cae nesta época. Podemos ir de cámping, de casa rural ou de hotel de luxo, pero desde hai un tempo a esta parte estanse poñendo de moda outro tipo de aloxamentos. Falamos das cabanas rurais, construcións normalmente ecolóxicas, sostibles e moi integradas na natureza. A continuación recomendámosche media ducia de posibilidades ben interesantes.

- 01
Elevadas entre as árbores en Outes.
Cabañitas del bosque son unha serie de cabanas rurais en Outes e hainas a carón do chan e elevadas. Estas últimas son as máis solicitadas xa que están situadas entre as árbores, perfectamente integradas na natureza pero coa comodidade dunha boa habitación de hotel. Permiten cousas tan chulas como estar no jacuzzi baixo as estrelas. Ademais desde Outes está Muros e Noia a un paso e tamén o precioso tramo de costa que as separa. E inda por riba as cabanas son de madeira e respectuosas co entorno e a paisaxe.
- 02
Feitas de palla en Ordes
Casal Dezaoito son un conxunto de cabanas situadas moi cerca de Ordes. A principal característica destas cabanas é a súa construción a base de bolos de palla, que se utilizaron como grandes bloques, e que lle dan ás estancias un excelente illamento acústico e térmico. Ademais só se utilizaron materiais biodegradables para completar a obra. Unha moi boa opción para utilizar o lugar como base e visitar en varios días toda a provincia da Coruña.
- 03
Feitas de pedra nos Ancares
Cabañas Ancares ofrece varias cabanas no entorno idílico da serra dos Ancares. Están construídas en pedra e madeira, respectando totalmente a arquitectura tradicional da zona. Ademais teñen lareira dentro e están completamente equipadas. E por riba de todo ofrecen unhas espectaculares vistas e a posibilidade de coñecer a pé unha das paisaxes máis bonitas de todo o territorio galego.
- 04
No parque natural do Monte Aloia
Aloia Nature ofrece cabanas de dous tipos. Por un lado están as elevadas, para conectar directamente coa natureza, e por outro as cabanas estudio, a carón do chan, moi acolledoras tamén e cun deseño moi interesante. Todas as cabanas están no medio e medio do parque natural do Monte Aloia, un entorno fantástico situado á beira de Tui, que permite ademais coñecer desde el toda a raia e a desembocadura do Miño.
- 05
Mirando á Torre de Hércules
É posible aloxarse nunha cabana e espertar vendo a Torre de Hércules? Pois en Cabañas de Canide é posible. Situadas en Mera (Oleiros), son unha boa opción para coñecer a reserva da biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Ademais son ecofriendly e atópanse a só 12 quilómetros da cidade da Coruña.
- 06
Con deseño coidado no Ulla
Moradas no Ulla ofrece a posibilidade de durmir nunha das 3 cabanas que teñen a carón do río Ulla. Xa falamos delas nas nosas recomendacións do Nadal. A construción con piñeiro ecolóxico, o coidado deseño e un bo equipamento son as súas bazas. E despois está a situación, a poucos metros dun lugar tan bonito como o Xirimbao e a súa ponte colgante, e a poucos minutos de Santiago e Padrón.