25 anos do Bar Tolo
Quen sexa de Santiago de Compostela sabe o que é o Bar Tolo. Quen sexa punk en Galicia, tamén. E a quen lle gusten os bares e non o coñeza, debería pasar pola Fonte de San Miguel número 8, canto antes. Por que? Porque o Bar Tolo é moito máis que un bar punk.
Falamos dun dos bares máis xenuínos do país, con 25 anos de historia, e polo que pasou e pasa todas as noites moita xente moi variada. Falamos dun bar pequeno pero moi acolledor, no que sempre soa punk e rocanrol, no que sempre poñen alcol de excelente calidade, e moi importante, falamos dun bar que sempre é un seguro, xa que abre todos os días da semana ata as 3:30 da madrugada. E a maiores está o futbolín, a súa privilexiada terraza, as súas pantallas con videoclips e os seus baños, que Andrés da Reixa definiu unha vez como “os máis limpos de toda a zona vella de Santiago”. 25 anos de Bar Tolo, como pasa o tempo.

- 01
Chimi, un dos socios fundadores do Bar Tolo, dubidando se botar caña ou sidra, ao pouco de abrir. Era febreiro do ano 1993.
- 02
Alberte “Bobi”, o outro socio fundador, pensando en que grupo vai montar (daquela estaba en Dirty Barriguitas). Detrás del está César Varela, da revista Plástico Elástico e que máis tarde estaría en Playmother & Fuckerback ou rexentaría o bar Mercromina, na Rúa de San Pedro.
- 03
Chimi anotando que cinta ten que gravar para a discoteca do Bar Tolo. Daquela a SGAE non andaba tanto enriba de todo.
- 04
Xente ao pouco de abrir. As mozas son Marisa e Ana Inés, da Tenda A Curuxa, que estaba alí á beira. Ana Inés estaría despois na primeira formación de Thee Boas. O da dereita é Xavi de Dirty Barriguitas. E si, daquela podíase fumar nos bares.
- 05
Clientela variada. Non, aínda non había futbolín.
- 06
Chimi e Kátia, a camareira oficial durante moito tempo. A Auga Bendita era un combinado especial que levaba Martini branco, vodka, cervexa e Kas de limón. Todo no tamaño de 1 litro. Eran outros tempos.
- 07
Máis clientela do Bar Tolo. O que hai na parte superior é unha televisión das antigas, si.
- 08
A terraza do Bar Tolo no ano 93. O que sae de costas e con trenzas é Xurxo Piñeiro, máis tarde en Malandrómeda e Barbitúricos.
- 09
Chimi buscando unha cinta para poñer no sofisticado equipo de música que se ve enriba da máquina dos cartos (sofisticada, tamén).
- 10
Alberte, moi contento porque xa sabe o nome do seu próximo grupo. Despois de Dirty Barriguitas (estaban sen nome, por certo) montará Mala Vida. E despois, Pesadelo em Mouronçom. E despois, Por Telefono. E despois, Samesugas. E despois, Os Novos. E despois...
- 11
Vista xeral do bar no ano 99. Aínda había moito que decorar para chegar ata o estado do Bar Tolo actual.
- 12
Das profundidades da rede conseguimos esta foto na que sae Martiño (Fame Neghra, The Homens, Grampoder), un dos incondicionais do Bar Tolo, canda Mario da Calexa e Ramón dos Samesugas. Palabras de Martiño: “O día que cheguei a Santiago a estudar, en setembro do 96, só coñecía o camiño da Catedral ao Bar Tolo. Meus pais deixáronme na Avenida de Vilagarcía e según marcharon pregunteille a un tipo como se chegaba ao Obradoiro, fun ata alí e logo do Obradoiro ao Tolo”.
- 13
Ano 2005. Á esquerda Toño de Carballo, e á dereita Xocas (Street Fighter, The Homens). Alberte xa montara Samesugas, como se ve no cartel que hai na parede.
- 14
Vista xeral do bar no ano 2005. Botándolle a man aos petiscos podemos ver a Seve Fernández (Los Iribarnes) e o pintor compostelán Manuel Eirís.
- 15
A pesar do pequeno e mal feito que é o bar para facer concertos, no Bar Tolo teñen tocado moitas bandas. Aquí Stay Pretty en directo. Na formación ilustres do rock compostelán como Javi Pretty ou Roi de The Homens ou Malraio.
- 16
Ano 2009. O futbolín xa é unha relixión no Bar Tolo e os seus campionatos son eventos dignos de facerlle vídeos. Este é do 2009 e saen moitos coñecidos nel.
- 17
Ano 2011. Matto Grosso en directo, aínda que daquela aínda se chamaban L´Uomo Di Gomma (outros que estaban sen nome).
- 18
Samesugas tocando en directo na terraza do Bar Tolo no Festival Feito A Man. O do baixo é Bobi en modo Billy Idol.
- 19
O Bar Tolo sempre tivo moita mensaxe política. Aquí deixando clara a súa posición sobre o Nadal.
- 20
Este vídeo é memorable. Os Novos en directo no Bar Tolo. No 01:20 Alberte ingresa, se non o fixera xa, no salón da fama do rocanrol galego (ou mundial!).