-
Do Olimpo na terra ao mar infinito, unha ruta pola Costa da Morte
LugaresNon é sinxelo desmitificar a Costa da Morte, que leva máis dun século gañando a pulso o seu nome. Lugar de mar bravo e múltiples naufraxios, de natureza sobrecolledora e xente traballadora. Visitamos lugares concorridos, como a fervenza do Ézaro, e outros máis solitarios, como a praia do Rostro. Desde Dumbría a Camariñas, deixamos moitas cousas polo medio nesta ruta, porque todo topónimo parece chamar por nós.
Ten esta zona un aire de lenda, tamén de tópicos nos que é moi doado caer. Pero a medida que a visitas unha e outra vez, caen os tópicos e as lendas, queda o real. Con cada pasada, a paisaxe vólvese máis terrestre, aínda que comecemos polo coñecido como “Olimpo galego”.
-
De Carballo á Coruña pola beira do mar
LugaresHai moitas maneiras de viaxar de Carballo á Coruña. 35 quilómetros que se fan en 33 minutos segundo Google Maps pola AG-55. É sábado, loce o sol. Dámoslle as costas á AG-55 e perfilamos a liña do mar, deixándonos levar polas ondas (en coche, porque non sabemos surfear). Paseamos coa cámara na man e os ollos abertos, falamos con xente interesante, comemos cousas ricas e aprendemos historia. Todo en 24 horas.