Traemos un agasallo para nais, pais, nenas e nenos: este conto en dez estampas escrito por Ramón D. Veiga e ilustrado por Iván R. para que llo leades á xente máis miúda da casa.
Ramón D. Veiga (@ramoninguez) e mais Iván R. (@ivan_r_) son amigos e residentes en Vigo.Ás veces dálles por inventar historias, e acaban de compartir nas redes este contiño que reflicte un pouco a situación que están a vivir os que teñen nen@s estes días de confinamento na casa.
Compartide, difundide, imprimide e, sobre todo, contádeo, todo na casiña!
Descarga en PDF.